lunes, 9 de noviembre de 2009

SURFISTAS. Ana Pena Gesto

ANA PENA VENCE EN LA PRUEBA OPEN DEL CAMPEONATO DE ESPAÑA CELEBRADO EN ANDRÍN (ASTURIAS)


Despois da súa esplendida actuación en Asturies, Ana Pena responde unhas preguntas de SurfGZ sobre a súa vida e a súa relación co mar. Esta xoven bodyboarder galega ten pensado continuar en competición e disfrutar ao máximo do body.

Ficha Técnica de Ana:

Nome: Ana Pena Gesto “Anita”
Idade: 25 anosAnos surfeando: 13
Spots que frecuentas: Valdoviño, Campelo
Estudos/Traballo: Traballo de Deseñadora de Moda
Un hobby: bodyboard e snowboard pero sempre cos amigos
Unha viaxe: Portugal e Indo
Un soño: unha vida maravillosa
Música preferida: de todo según o momento, para calquera deporte motivame moito o punk
Sponsors: non teño
Mellores Resultados: 2ªcircuito Galego 2003 e 1ª LLanes Pro 2009
Deixa unha mensaxe para os nosos lectores: respeto e bo rollo

Como e cando comenzaches no BB?

O primeiro recordo que teño e co meu irmàn Miguel en Valdoviño, el tiña un Bz e unha amiga da miña irmá outro, botamos todo o verán collendo ondas. De aí en adiante os meus pais foron mercándonos pouco a pouco o material e acaboume enganchando ate hoxe.

E a competir??

Comencei a competir no 2003 e 2004, cun amigo de sempre. Iamos no seu Pandita a surfear polas tardes por semana en inverno e aos campionatos por toda Galicia. Volvin retomar a competición este ano.


Como é un día normal na túa vida?

Levántome ás oito, ducha, vístome, almorzo e a traballar ata a unha e media, volvo a casa a xantar e as tres e media volta ó traballo. Salgo as sete e según a epoca do ano podo ir surfear (sempre que haxa luz) ou senón en inverno vou ao ximnasio e piscina ou para o sofà.

Que che parece o nivel galego de BB??

En Galicia hai moi bos corcheiros, algúns increíbles a nivel mundial, e creo que podería ir mellor e motivaría moito máis se os campeonatos fosen doutra maneira e refírome ás praias nos que se realizan, ás condicions en que deciden botalo, ás compensacions… Hai ondas moi boas en Galicia para o bodyboard pero parece que non interesa tanto coma o surf.

Está mellorando o BB galego??

Creo que si que mellorou en canto a cantidade de clubes que se estan involucrando tanto entrenando as novas xeneracións. Creo que estn facendo un gran traballo e dandolle un grande empurrón a este deporte.


Agora hai máis rapazas na auga??

Creo que habia máis antes, dende logo donde eu surfeo non as vexo e en competición tamen somos moi poucas. Este ano nas probas do circuito Galego open so competin cos homes xa que non hai rapazas nin para facer unha manga.

É dificil conseguir sponsor facendo BB??

Pois supoño que si…

Acabas de rematar 1ª no Llanes Pro bodyboard 2009 e es a nova “Anxel d'Andrín”. Que sintes despois deste esplendido resultado??

Un subidón increíble e moita satisfaccion, mais que nada por toda-la xente que me estivo animando e apoiando todo-lo fin de semana en Andrín e os amigos e compañeiros de Valdovo que me deron tanta forza e convencéronme de que eu era capaz de conseguilo. É a primeira vez que compito nunha proba do campeonato nacional e gracias ao resultado teño ganas de seguir adiante.

Que planes tes para o futuro, viaxes, campionatos??

Teño sonos mais que planes…encantariame facer o circuito nacional e algunha proba do europeo, pero por mor do traballo e casi imposible. E en canto a viaxes mais do mesmo pero si vai todo ben intentarei facer algun dos que teño en mente.

Moitas gracias por colaborar nesta entrevista Ana. Se queres podes escribir unhas palabras para dicir o que queiras aos nosos lectores:

Antes de nada agradecervos esta entrevista e darvos a noraboa polo xornal! Quero saudar a os meus compañeiros do Océano cos que tan ben o paso nos campeonatos, aos valdolocals cos que collin sesións tan memorables, aos Candasos, a miña familia e amigos que tanto me apoian e a peña da piscina saiña. Boas ondas e vemonos no auga.
Máis sobre Ana en http://www.surfgz.com/
¡¡Moitas felicidades dos teus compañeiros do Océano Surf Club!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario